ajaspino

16.6.13

Menos samba e máis traballar I

Domingo 16 de xuño.

Ola mundo! Canto tempo, non? Pois eiquí estou de volta para ver si desta vou contando a miña próxima aventurilla viaxeira/profisional.

Mañá a estas horas debería estar en Heathrow para coller outro páxaro de ferro cara a São Paulo. De agora en adiante Sao Paulo que me custa un collón meter os caracteres estes.

Nota: Se alguén sabe como facelo dende o mac, que mo diga... que eu teño que andar fuchicando co "Visor de caracteres".

Neta aventura vou levar compañeiro que quere manterse no economato e que eu refirireime a el como 'Triple M' ou 'Maikel Night'.

Coma en tódalas viaxes, comezo a facer un resume do que levo preparado até o momento e esta vez xa teño case todo.
· Maleta grande feita, aunque non estou moi seguro de si me pasaría co peso. Cortesía de fer Amador.
· Mochila para levar tódolos trebellos (mac, ipad, iphone, cables para conectarme a outro monitor, cargadores...), feita. Cortesía de Gel.
· Billetes impresos.
· Pasaporte do trinque.
· Condóns da sorte, caducados. Teño que revisar este ponto.

Que me queda por facer? Pois descarregar uns cantos poadcast dos 'Hermanos poadcast', buscar algunas pelis para ver na viaxe e a topar as miñas gafas de sol. Por cetro, levo un bañador e unjas chanclas... a saber para que.

Como Maikel Night dixo que durante a viaxe íamos a preparar o material e reunións para comezar a currar nada máis chegar, eu, chimpeille unhas pirulas a miña nai para durmir e de paso levo uns tapóns para asegurarme que o malvado plan de Maikel non se leve a cabo.

Nesta viaxe preocúpame catro cousas:
1) O proxecto. Isto por suposto é o máis importante. Dependemos moita xente. Demasiada
2) Que chegado aló, o proxecto ma traia frouxa e me adique a beber caipirinhas coma un Albano-Kosovar.
3) Que o 'problema' do meu golpe que din no cú faga que as pase putas na viaxe e que iso provoque que non poida dormir, ergo: chapa de Maikel Night cunha excel.
4) Que volva cun herpes, gonorrea ou a saber. Deste ponto non puiden informarme coma desexaba con Astraco para que me explique estes rollos. Si isto ocorre queda claro que descartei o ponto 1) e adiqueime ao 2).

Estas últimas dúas semanas, segundo ía contanto que me tiña que ir a Brasil uns 15 días co meu xefe Maikel Night a currar nun proxecto bastante gordo, todos decían:
– Que de puta madre, o vas pasar pipa... Brasil, mulleres, samba...!!
– Que jodida parte da frase: viaxe+xefe+traballo non entendiches?

Isto non quita que o poida pasar pipa, ollo. Estou seguro de que si. Xa fixen varias viaxes con Maikel e a verdade é que o paso moi ben con el... pero xa irei comentando algunha das súas peculiaridades. Si ademáis, vexo que o proxecto avanza, pois iso tranquilizarame para adicar tempo aos coros e dansas.

E xa vou parando que quedei sen follas para seguir escribindo. Merda, era iso o que me faltaba: as moleskines!!

E polo momento, así están as cousas: menos samba e máis trabajar!!

Etiquetas: , , , ,

2 Comments:

Publicar un comentario

<< Home