ajaspino

12.10.11

Feira do libro - Portada

Mércores 12 de outubro.

Ola mundo. Que tal? Como van as cousas? Moita crise? Moitos amigos no paro? A cousa vai mal? Follas o suficente? Bebes o suficente?
Ben. Mal. Si. Si. Si. Si. Si.

Agora que xa estamos situados outra vez no centro da crise (xa foron varias veces que escoitei esta frase) podo asegurar que o mundo segue a xirar sobre si mesmo mais ou menos, segundo os entendidos mais a miña nai, unhas 365 veces ao ano. Así que como cada ano celebrase a Frankfurter Buchmesse ou o que é o mesmo: a Feira do libro de Fráncfort.

Antes de poñerme a contar as minas batalliñas volvos contar un pouco de que vai ir esta viaje relâmpago, xa que toda ela foi expressamente programada para vir a este evento. A feira é, como di o seu nome, arredor do libro. É a maior feira comercial do libro do mundo. Ollo, comercial. Non vai de que caquera entra e merca un libro. Esta vai máis de representantes de editoriais, bibliotecas, publicistas, marketing e multimedia que reúnense aló, ao redor dunha salchicha, a pechar negocios de dereitos, licencias e promocións varias.

Por suposto hai charlas, presentación de revistas, libros, colección, novos formatos, etc. aunque eu bou máis que nada para ver que se está a cocinas por ahí forra na contorna dixital/multimedia. É una megapedazo feira, así que as posibilidades de perderme dentro son moi altas. Ainda de ser a máis importante neste campo é a segunda máis grande, por detrás da de Chicago. Quen decide que é a máis importante? Eu non o sei.

Soen participar preto duns 100 paises. Uns 270.000 visitantes, dos cales no 2004, 173.943 foron persoas que ían especialmente a facer negocios. En fins, que eiquí non sei moi ben o que vou ver pero está claro que negocio si se move.

Boeno. Esta vai ser a mia terceira visita a Alemaña. A primeira vez, a modo de recordatorio para o lector novato, perdínme unha e outra vez. Tiña o hotel tan lonxe que non saía no mapa e estaba a uns 9 km do centro e sempre movíame andando (no S-Bahn acaba ainda máis lonxe). Emborracheime tódolos días, visitei todo e máis do que tiña pensado, paseino moi moi ben e provoqueime un esguince de tanto andar.

A segunda viaxe, tamén en Berlín, fun acompañado de Fer, Raúl e Saúl, paseino ben e perdín un Macbook.

Agora voume a Frankfurt e a cousa vai medio-regular no presuposto: xa levo gastado uns 900 e pico euros sen moverme de A Coruña… e tan só para 3 noites. O bo é que teño a bebida gratis no hotel; non todo van ser cousas malas. A outra cousa boa é que Julía estívome a traducir cousas e creo que xa sei chegar dende o aeroporto de Frankfurt Hahn á estación de Frankfurt Main que está a uns 150 km. Creo.

O do hotel e o do avión igoal o conto se me vexo con ganas de parecer ainda máis tonto do que o son na realidade.

Coma outras veces, hoxe púxen a roupa a lavar e tender/secar coa axuda do meu inseparable secador. Pero esta vez SI levo unha maleta propia. Teño maleta, foi sen tempo.

Levo pouca cousa esta vez: roupa, tabaco, enchufes e un papeliño que acredita que son un profesional no campo da edición digital. Profesional, cuidado.

Poucas veces conto o que fago na empresa ou a que nos adicamos… Non é doado. Sempre acabo decindo que fago debuxiños ou que deseño páxinas webs. Ningunha das dúas cousas. Antes, en Netex, estaba especializado en realizar cursos e-learning e dende fai uns dous anos e pico estamos máis encamiñados a dixitalización de contidos editoriais. Algo similar ao e-learning pero con algunhas diferenzas. En Netex ocúpome en algo similar a 'xestionar' proxectos e coordinar equipos ou polo menos intentalo. Unhas veces o consigo e outras non.

Nota do autor:
Cando lle dixen ao meu xefe que ía ir á feira (primeiro llo tiven que explicar) el preguntoume:
- E a que vas?
- Einsss?
- Si, por que vas a esa feira?
- Porque son encofrador e encántanme as retroescavadoras??
- Non, en serio… por que vas?
Deixoume sen palabras.

Tamén pedín a ver si me podían deixar un iPad un par de días. Supoño que algunhas editoriais terán subscripcións gratuitas ou demos editoriais… supoño que co tempo verei esta petición como algo absurdo pero polo momento ségueme a parecer unha petición obvia. A contestación que me deron está claro, non?

E polo hoxe vou rematando. Voume poñer co secador a ver se apuro o tendal e pechar a maleta dunha vez.

Así están as cousas e así as vou contanto. Viva a kaltes Bier!!

Etiquetas: , , ,

2 Comments:

Publicar un comentario

<< Home