ajaspino

13.9.10

As monxas prantaron un pino

Ando de vacacións e claro, tiña que actualizar o blog. A verdade é que agora paso máis tempo no FaceBook e no Twitter. Moito máis tempo. É máis cómodo o estilo de micro-blog que poñerte a escribir unha parrafada do meu estilo… e iso que ultimamente estou a debuxar un pouco máis do normal e podería ter actualizado isto con moitas máis entradas, pero é o que hai.


O título? Ah, si… o título. Boeno, as monxas, como todo o mundo sabe, tamén prantan pinos. Pero eiquí vou falar das miñas veciñas. As monxas que viven enclaustradas no convento de Santa Clara de Ribadeo. A min esta congregación sempre me fixo moita gracia; están sempre pechadas pero son as máis cotillas de todo o pobo. As imaxino a iso das 4 da tarde rezando o que teñan que rezar (por ti, por min e por tódolos comapñeiros…) e que unha delas rompa o silencio decindo: eeeeh, que vai empezar Sálvame Deluxe. Brrrr e aló van todas correndo ao sofá.


Pero boeno, ao allo. Este post tamén o podería titular: Mamá vs. Monxas, ou A pinona contraataca, ou Un pino chamado Wanda, … A historia comezou, como diría Gilberto Suárez: fai pouco tempo, como uns dez anos atrás; cando as monxas de Santa Clara prantaron un pino ao carón da nosa casa. Coma tódolos pinos, este creceu, e agora mide o mesmo ca nosa casa (uns 4 andares). Está prantado como a uns tres metros do muro que separa a nosa finca da das monxas e a parte máis frondosa queda xusto diante da nosa terraza e é onde temos a antena da TV. E é eiquí onde xurde o problema da miña nai coas monxas: Na tele agora vense as canles estatais (a 1ª, 2ª, ClanTv e Noticias 24h) e tamén Veo7 e Intereconomía… en fins, que para unha espectadora coa miña nai iso é nada. O que non acabo de entender é como agora coa TDT segue a ocorrer isto. Non debería ser terrestre?


Miña nai anda máis mosca ca dios e dime que o pino en cuestión quítalle mogollón de vista e que non pode ver a tele. Que me paga 100€ se salto o muro e talo o probe do pino. Pero eu estoulle collendo cariño ao pino de marras. Non sei se encadearme a el e todo. Case sempre os temas de conversa na comida eran as miñas resacas ou o pouco que ligo, pero agora non falamos doutra cousa que do santo pino. Pero por fin miña nai moveuse e atopou un par de artigos que danlle a razón e vailles obrigar as monxas a talar a árbore. E penso eu: non sería millor podalo un pouco para ter nós millor vista e que as monxiñas sigan a ier a súa intimidade e cambiar a antena de sitio?


Así están as cousas e as as fun escribindo namentres prantaba un pino dende o cuarto de baño.

15 Comments:

  • pobres monxas...e non será que os pitos que ten Lolita de Pinon na huerta sean os culpables de que non cheguen as ondas? temos que pensar que eses pitos mas parecen cabalos de dúas patas que outra cousa..mi mamiña..que bestialidade de bichos!!!
    Eu voto por matar os pitos e deixarnos de caralldas!!!

    By Anonymous Anónimo, at 6:20 p.m.  

  • ¡¡ CAGÜEN ¡¡ os pitos non se matan ata que pesen al menos 7 kilos como sempre; o do pino......xa é máis serio¿sabedes o que é asomarse a ventana e que casi che entre unha agulla de pino nun ollo ? ¿ que xa non vexas FIGUEIRAS ? ¡¡ SOÑO CO PINO¡¡ xa sei que é un ser vivo pero tamén lo son os pitos e non sei quen é o gracioso que quer mata-los, é certo q desde fai unha temporada o pino é o tema de conversa durante a comida, pero xq naide me da a razón, en cuanto empezo a falar xa dicen :ale, xa salio o pino.Teño moscas, miles d moscas na sala x culpa do pino, non vexo a tele x culpa do pino,enfadanse conmigo x culpa do pino.As clarisas non me fan caso, x favor.........¿ alguén me pode axudar no asunto do pino ? toda-las opinions pa tal fin serán ver acollidas, graciñas

    By Anonymous Anónimo, at 7:09 p.m.  

  • un balde de jasolina e un misto

    By Anonymous Anónimo, at 10:26 p.m.  

  • e si quemamos todo o covento?? así iban quedar unhas vistas de figueiras da leche , vamos, e casi casi da ponte dos santos!

    By Anonymous Anónimo, at 1:33 p.m.  

  • mira que sendo PINONA, non hai problema, supoño que de pinos saberá unha morea de cousas..
    polo demáis o día da tala oficial avisade por favor non me perdo eu a unha monxiña con motoserra por nada do mundo. Mesmo podemos grabar unha peli gore ou algo así dende a terraza.
    senón unha solución sería cambialo por un bonsai, conmigo fixeron iso de pequeno e sailles ben os meus pais..
    ;)

    By Blogger Fer Trombón, at 1:39 p.m.  

  • "un balde de jasolina e un misto"... home, tampouco nos pasemos que as monxas non son vietnamitas, ademáis, de onde ía sacar eu napalm?

    By Blogger ajaspino, at 3:56 p.m.  

  • boenoooo, por eso non te preocupes..xa sabes que todo se consigue no mercado neJro..podemos facer outra cousa, xq non cambiamos a casa ás monxas?? ahora somos moitos e nos vendría de vicio, e por elas non pasan nada que son sacrificadas por naturaleza...

    By Anonymous Anónimo, at 12:54 p.m.  

  • ¡¡ o pino vaise talar ¡¡¡

    By Anonymous Anónimo, at 6:48 p.m.  

  • y digo yo...no podemos robar el pino, plantarlo en nuestra huerta y hacerle sombra a otro vecino ?? jijijijijijijiji

    By Anonymous Anónimo, at 10:17 a.m.  

  • maraaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa, tu si que sabes ¡¡¡

    By Anonymous Anónimo, at 5:24 p.m.  

  • queridos todos
    después de varias semanas sin saber que carafio está pasando con el pino, estoy en un sin vivir..no duermo, no como, no hablo....por favor, queremos la segunda parte de este gran problema!!!!!!!

    By Anonymous Anónimo, at 10:26 a.m.  

  • pois seguimos igual igual...o pino sigue erguido!!

    By Anonymous Anónimo, at 1:47 p.m.  

  • hoxe luns 29 de nonembre comenzou a tala do pino ás 4 e pico da tarde, taladores protección civil.........etc,etc, son as 6 e media da tarde e xa casi desapareceu ¡¡ xa se ve figueiras ¡¡ ALELUIA, ALELUIA

    By Anonymous Anónimo, at 6:27 p.m.  

  • jijijiijijiji...meu pobre...tanto crecer pa nada..puta vida!!!

    By Anonymous Anónimo, at 6:29 p.m.  

  • Queremos fotos! queremos fotos!!

    By Blogger ajaspino, at 1:17 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home