ajaspino

22.6.09

No centro da cama

Levo un par de días pensando na imaxe que ía acompañar esta posible entrada. Ainda non o teño claro namentres apuro este Lucky anticrisis e moito menos o que quero escribir nin o título.

Decátome de que fai unhas semanas estou a durmir no centro da cama. Normal, pensaredes moitos. Pero para min foi unha revelación. Ainda non teño clara a revelación... é como unha desas aparicións do Cuarto Milenio que un non sabe se é deus, un alieníxena ou un canuto mal liado do Iker Jiménez.

Pois iso, que levaba coma uns 10 anos durmindo no lado esquerdo da cama. Sempre. Durmindo acompañado (cando me deixaban elxir) ou só... sempre arrimadito a beira esquerda da cama. Certo é que nestes últimos anos cando me poño a ver a tele me tiro cual morsa nun penedo, pero sempre érgome arrimadiño á beira. Ontes xusto antes de erguerme, cando comezaba abrir os ollos, mirei a esquerda... mirei a dereita e -Ostias, outra vez no centro da cama!

Nota do autor: Xa teño título.

Sospeito que vou 'superando' o de vivir só. Hmmm... dubídoo, pero creo que é un síntoma. Tampouco sei se é un bo síntoma. Son de familia numerosa. Porque carallo teño que superar o de vivir só?

Nota do autor: Xa sei con que imaxe acompañar isto.

Supoñendo que é un síntoma de que o meu inconsciente xa asimilou que Cris (ou outra calquera) non se vai deitar a miña beira e de paso fregar os cacharros a alguén lle ten ocorrido algo similar?

Arredemo coa frase, quedou longa de carallo. Paso demasiado tempo con guionistas esdrúxulos!

Pois iso: alguén lle aconteceu algo similiar?
Durmides no centro? Na beira esquerda? Dereita? Espidos? Fregades os cacharros? Tedes cucarachas e lles poñedes nome?

En fins... Pra acompañar este texto recupero unha serie (tirando a curta) coa Helvetica sobre Cris... comecei a facela alá polo vrao do 2007. Algúns xogos de palabras non son tan benevolentes como que poño hoxe... estaba un pouco resentido, que lle ía facer.

"...A vida é como un cigarrillo que en catro suspiros cabe, se o fumas ansioso a pouco nada te sabe..." así están as cousas namentres escoito a Juan Perro e así as vou durmindo eu.

Etiquetas: ,

7.6.09

Descarga total II

Venres 5 de xuño.

Ontes, cando chegamos miña irmá xa nos tiña preparado onde íamos durmir, e como chegamos moi cansos e por onde vive Mara non había nada aberto decidimos seguir un chisco no salón... estivemos bebendo un chisco máis e pensando o que íamos facer hoxe.

Xa pola mañá almozar na casa e comezar unha pequena ronda de viños. Primeiro comezamos pola zona da Puerta del Ángel e logo tiramos cara a Porta do Sol pra ir baixando a zona da Latina. Aló quedamos con Crispi, que fixo unha pequena escapada do taller pra tomarse unha birrilla con nosco e indicarlle a miña irmá onde estábamos. A verdade é que Cris segue igualiña... un solete. Tiña unhas ganas tremendas de vela e aunque estivemos pouco tempo xuntos creo que lle quedou moi claro as ganas que tiña de vela. Segue igual de guapa que sempre e cun tipazo que pra comer aparte.

Joseka tiña un antollo de comer rabo de toro, pero en canto vin que na carta tiña pata de año pasei do rabo de marras. Comimos até encher nun restaurante asturiano bastante cuco. E xa cando estábamos aponto de rematar apareceu miña irmá e logo Ana.

De ahí en adiante a tomar birras e máis birras (con moderación, ollo) até chegar ao Vicente Calderón e aló estivemos até preto das 8.30 que foi cando nos deu por entrar. Unha pena que Mara e Ana non conseguiran entradas, e iso que a rebenta estaba moi barata; entre 70 - 100 euros.

Nota do autor: Aunque xente había a cascoporro, ainda nos atopamos cuns cantos: Jose figueiras coa súa irmá e a súa moza Nati. Coa miña prima Cecilia e Sergio... en fins, ao único que non vin, e manda truco, foi a Flavio.


O concerto... bufff, pois non sei moi ben por onde comezar. Nenos e nenas... era AC/DC... que queredes que vos conte?

Primeiro o ambentazo que xa había nas portas do estadios, xente e xente e máis xente... unha marabunta de xente chegando dende tódolos lados. Nos puxémonos preto dun bar que hai nos baixos do Calderón e o ambentazo de colegeo era moi moi bo. Todo camisetas negras, todo pantalóns vaqueiros e cada pouco cornos ao ar. O previo estivo moi moi ben. Cando deron as 8.30 ou por ahí decidimos entrar. Ana e Mara decidiron marchar pra casa e nos empezar a buscar sitio pra ver o concerto.

O segundo que pode decir é queO Calderón inmeso. Un entramado de galerías que dende fóra un non ten a sensación de que o estadio é tan grande. O Bernabeu si parece grande, pero este aseméllase máis ao estadio Pepe Barrera. Cando pasamos os controles e demáis (por suposto eu non quixen tirar a birra e entrei igoal) fumos cara o céspede e oh!!, sorpresa!! as nosas entradas só eran pra gradas. Tremenda putada. Tremendísima putada, aunque ao final case até me alegro. Os bares abaixo estaban a tomar polo cú, e nas gradas tiñas un cada pouco. Ao final decidimos ir á segunda grada cuberta preto da zona VIP, que por certo nos botaron cando nos sentamos nos sillóns VIPs... Había un cunha cara de fillo de puta igualiño a Feijoo.

Terceiro. Xa elexido o sitio, a tomar por culo, a sensación era un pouco de: Joer, despois de pagar a entrada, vir dende aló e tal e tumba estou a tropecentos metros do cenário... que si Angus xa é pequeno dende eiquí debe parecer unha formiga. Pero boeno, tíñamos que ser optimistas e afogar as penas nesa bebida que tanto gosto. Que tocaba facer? atopar a barra máis cercana... e de putísima madre, a pouquiños metros... litro vai litro ven... bebimos unha burrada, todo haique decilo. Iso sí, creo que a organización estivo aponto de poder liala parda. Os 75 euros por estar en grada e non poder acceder a pista inspiraban unha tentación de avalancha humana sobre a pista.

De súpeto, un pouco de orballo sobre o Calderón...

Cuarto. Sonan os primeiros acordes de "Rock'n'roll Train" e a xente vólvese tola. Eu vólvome tolo, Joseka vólvese tolo, Rego vólvese tolo. A raiña fai publicidade para Ryanair... todos vólvense tolos. Unhas pantallas xigantes amañan o de ter que estar a tomar polo cú. Hai un pouco de latencia no son, pero ainda así está de putísima madre. Eu non paro de sorrir e saltar e saltar e mover a cabeza de diante a atrás. Hoxe teño as pernas que non as sinto. Como facíamos pra beber? Pois nos turnábamos nos temas novos, que están de pinga, pero non queríamos perdernos nin un só riff, nin un só berridos deses temas que tantas e tantas veces temos escoitado.

Cando lle chegou o momento a "The Jack" o concerto xa ía pola hora. Na metade do akelarre Angus, un tipo de 50 e pico tacos vestido de colexial, fai o striptease. Máis de 55.000 persoas o festaxan. Hai que estar ahí pra decatarse que iso, nese momento, si é erótico. Cando a cousa parecía que non podía superarse lle chega o turno ao "Highway to hell". Dende o trono do inferno, comezan a escoitarse os acordes de "For those about to rock", todo o mundo sabe que é a última. É como na ópera, até que non cante a gorda isto non remata. Todo o mundo sabe que quedan poucos minutos de concerto... agora hai que dalo todo si ou si.

De pequeno o demo quería ser Angus Young.

Etiquetas: , , ,

Descarga total I

Xoves 4 de xuño.

Arf, arf... creo que teño gripo porcina. Teño unha gripe de moito coidado. Pítanme os oidos, me choran os ollos e todo acompañado cunha tos que me rebenta o peito. A todo isto téñolle que sumar a alerxía primaveral. De puta madre. Así que me arrenchufo ao xarabe da tos cos antiestamínicos. Paso toda a mañá e parte da tarde medio atontado. Ou sexa, como sempre.

Ás 8.00h chega Joseka e xa imos a buscar a Rego. Chegamos a SQC baixo unha choiva bastante considerable e ala, a tomar as birrillas. Agora si que fan efecto os antestamínicos. Viva a química e tódalas contraindicacións.

Agora xa estamos no avión. Foto de rigor que nos saca un tipo que tamén vai ao concerto. Joska todo feliz. Hoxe vai voar por primeira vez e mañá verá aos AC/DC por cuarta vez... hai xente con sorte.

Chegaremos a casa da miña irmá Mara sobre a 1.00h e pico. Deixaremos todo e iremos a tomar algo. Mañá sego. Agora vou mirar pra Joseka para ver as caras que pon.

Cada pouco decimos:
-Vamos a morir todos!!
Pero o decimos baixiño, ollo!!

Nota do autor: Hai un azafato todo cachondo en Ryanair. Tremendo... Xa levamos unhas rondas no avión. Claro, Joseka nunca tiñe bebido tan alto. Di que se lle "sube" moito. Na metade da viaxe o azafato fai un sorteo cuns rascas e con ton de vendedor de chochonas na feira. Pouco antes de aterrar, xa encima de Madrid di: Quedan tres cervexas no cubo con xeo... por se alguén as quere rematar. Iría por nós?.
Cando aterramos volve coller o micro e solta algo así: Eu e o comamdante non aconsellamos fumar, pero tedes sitios reservados pra os fumadores; así que se queredes ir todos xuntos a fumaros unos pitillitos, xa sabedes: buscade os sitios pra fumadores.

Baixamos do avión e xa levamos uns dous litros canda un encima. A cousa promete e os medicamentos axudan.

Así estabas as cousas nunha noite de Madrid bastante calurosa.

Etiquetas: , , ,