ajaspino

16.12.08

Alta fidelidade II

Difícil tarefa esta a da Meme. Xa anterior deume chollo polo traballo que supuxo, pero esta custou facer descartes, dolorosos descartes. Clásica, pop, heavy... falta moito rock e xa nin falo de jazz ou swing. Pero tiña que elexir 10 e 10 son as que vou apresentar. Espero que con estas 10 alguén diga: Ondiá pois é verdade, esta era unha das miñas. Ou algo asín como: Juer, pois este tema está de pinga!!

Como a lista e o orde xa a teño preparada, pero ainda non rematei de facer as ilustracións, montalas e subilas ao YouTube, irei poñéndoas pouco a pouco nesta entrada. O Mixwit está moi ben, é doado incrustalo, e doado elexir e poñerlle fondo a cintiña que ten o seu aquel, etc... pero as veces ou non atopas os temas que un desexa ou ben os atopas pero casca con demasiada frecuencia. Así que por iso decicín subilo ao YouTube, e de paso ir facendo unha mini videoteca.

O primeiro tema da miña Alta fidelidade é: Um jeito estupido de te amar de Maria Bethânia.
Este tema (e outros tantos dela) o levo escoitándoo de xeito compulsivo non sei dende cando; o que si sei é que a coñecín a través da miña irmá Mariola. E pouco máis vou escribir hoxe sobre Maria Bethânia agás un detalliño: Bethânia é irmán de Caetano Veloso, quen o diría polo apelidos, non?



O segundo tema da lista é unha versión dun tema de Joaquín Sabina: Contigo da Niña Pastori. Non che son nin moi devoto de Joaquín Sabina nin da Niña Pastori, pero ei decir que este tema, esta interpretación, este arranxo e esta letra me deixaron alucinado dende o primer intre que a escoitei. Supoño que alguén vai alucinar moito con esta elección, pero é o que hai... na casa canda un escoita o que lle peta.



O terceiro corte tócalle a Nina Simone: My baby just cares for me. Creo, se mal non me lembro, que comparto este tema con alguén directo da meme. É o primeiro que coincide, pero sei que non vai ser o último. Hai gostos populares que pululan por ahí e que comparto con moito gosto. COn moitísimo gosto. Poia ala, a desfrutar da gran señora Nina Simone.



Polo momento isto é todo. Hai máis temas xa preparados, pero non lles corresponde esta orde así que haberá que esperar. Aprobeito pra decir que a orde non é por importancia ou gosto... que va, nin moito menos... pero si é a orde nas que as soo escoitar.

Así están as cousas nun día que fai un frío de carallo e que tiña que terme afeitado e así as fun subindo.

Etiquetas: , , ,