ajaspino

17.6.08

O pouco que sei

O pouco que sei da vida está en libros que nunca lin, nas liñas que nunca escribín. O pouco que sei da vida contoumo miña nai preparándome os cola-caos e limpándome o cú e olvideino tomando copas cos amigos.

Sei que, con sorte, vou morrer unha vez. Así que procurarei non morrer máis veces polo camiño. Non hai nada pior que ir morrendo antes de morrer.

Quero ter máis proxectos que recordos, é o único xeito de seguir vivo. Quero adicarme a algo do que non queira xubilarme xamáis por moito que me miren mal. Prefiro adicarme a algo que me divirta a pesar de non chegar a fin de mes, que traballar únicamente por cartos ou por presión.

Quero amar moito e bo, incluso correndo o risco de ser correspondido. Que me esnaquicen por dentro e me vexa obrigado a recoserme co fio de calquera ilusión. Quero desexar e ser desexado. Quero recuperar o primeiro amor, que é o propio, con agarimos alleos.

Quero lanzar ao fondo do mar o arrepentimento, a culpa e a preocupación. Quero desprenderme delas pra apreciar o que teño.

Quero contar cos amigos gañados antes de cumprir os trinta, porque a partir de ahí case todo é mentira.

Quero guindar o medo. Quedarme coa sua cara, porque me está a joder unha e outra vez. Medo ao fracaso, medo ao que dirán. Medo a perder o que teño, medo a conseguilo. Medo a saber pouco da vida, medo a ter razón.

Vai por ti mamá. Saúde e pátria.

Etiquetas: , , , ,

10.6.08

Furibunda Meme

Despois de case un mes de recoller a luba lanzada polo Rei Furibundo en forma de Meme, eiquí mostrarei o que levo feito, que non son máis que 4 mini-ilustracións (o de mini vai por minimalista), fáltame unha que cando a remate xa a incluirei neste post ou noutro (a saber como teña o día).

O reto consitía en poñer unha lista dos nosos cinco filmes favoritos. Da igoal a temática. A única condición é que unha delas sexa unha frikada da que a opinión xeral sexa: "vaia merda de filme". Si ao memeado lle da a gana, que explique porque lle gosta semellante cirolo. Ao que eu engadín unha dificultade: unha ilustración, un deseño, unha foto, unha fotomontaxe, un texto, etc.

Eu sinceiramente, non sei cal é a miña película favortia. É un coñazo non sabelo, de verdade. O que si me fascina pensar é que esa película está por vir. Esa secuencia de frames que un sinala como a "elexida" pra que che acompañe o resto da túa vida, dirá tanto de ti que darache vergoña compartir tal segredo.
O certo é que non o sei, pero si sei que película gostaríame ver hoxe pra logo irme durmir e soñar con ese mundo imaxinario que outro soñou en 35 mm. Ontes soñei cunha, antones con outra... tedes que ver como disfruto lembrar revivir esa situación na que o Elwood diría... pero que ao final ninguén di. Ou nese outro soño no que o capitán Ahab coller o arpón... Tamén teño un no que o teléfono convértese en cerbexa e un cabezón di: miña estrelaaaa. Ollo, tamén están os pesadelos, no que me vexo metido no pub Winchester e aos zombies lle da por armala. E por último o soño que non dou rematado, a ilustración que Jim Jarmusch me pedíría pra acompañar eses temazos de Tom Waits (coño é un soño, podo soñar o que me pete, non?).

A miña lista a cambiei unha e outra vez porque as ilustracións que facía ou pensaba que eran demasiado complexas ou ben non me daban saido. Teño que decir na miña defensa que empecei con isto nada máis recibín o aviso do Rei, pero deume por facer mini-figuriñas con fimo e ainda non me dan secado baixo o "duro" sol coruñés (teño o forno jodido).

Pois eiquí vos deixo a miña lista:
Blues Brothers, granuxas a todo ritmo, dirixida por John Landis
Unha noche na terra, dirixida por Jim Jarmusch.
Moby Dick, dirixida por John Huston.
Zombies party, dirixida por un tal Edgar Wright.
E.T., dirixida polo lacrimóxeno Steven Spielberg (esta é a frikada, claro).

Agora o rollo é pasarlle esta Meme a outros 5 "agraciados"... aunque eu, polo momento só llo paso a un. O sinto meu, pero fáltanme contactos de xente con blogs:
Coe

Así están as cousas nos filmes da miña vida, aunque seguramente ao final elixirei unha historia de amor pra transformar esa parte fría da almofada en rizosos recordos tropicais, e así as vou dibuxando eu.

Etiquetas: , , ,

Novos ligazóns pero non tan novos blogs

Como vou tendo o blog algo desfasado e se ademáis disto, o búlgaro dime que o actualice, pois non me queda outra que meter algo antes da próxima entrada na que levo traballando un par de semanas sobre a Meme proposta polo Rei Furibundo e ampliada por min (por non saber ter a boca pechada).

Pois eiquí estou, preto da unha da mañá no ordenador da miña compañeira Yrma, agardando a que os programadores rematen de facer o que teñen que facer: programar.
Nota pra os curiosos: estou no equipo de Yrma porque o puto Adove CS3 me volveu cascar.

Ah, si... o título desta nova entrada. Novos ligazón pero non tan novos blogs e algunha que outra páxina. Non hai nada máis doado que facer unha entrada só cos ligazóns novos que xa aparecen neste propio blog; si, si... na coluna da dereita.


Empezo cos blogs:

Fasedoira, como un ramo cativo de nenos blog dunha amiga (excompañeira de chollo) á cal lle chaman Tanta ¿?. Que decir dela: gosta de rir, rir e seguir rindo. Eu penso que está algo tola; é como desas mulleres que viven rodeada de gatos, pero ela de cadelos.

Iván Vázquez, un compañeiro na India blog de nova creación e de moi rápida actualización (unhas duas ou tres entradas á semana) sobre as aventuras e desventuras do meu compi de chollo Iván que marchou á India pra abrir mercado.

O Bruxo e o seu blog, igoal vos soa, pero este é o blog sobre as duas grandes paixóns deste búlgaro (excompañeiro de chollo): música e fotografía. Penso que olvídase da outra paixón coa que convive, pero boeno... alá el.

Quinkalla, zapatillas custonizadas é o blog de Luiggi no que mostra a súa obra que ten realizado até o momento. Ten o arte polo chan. Podedes solicitar que vos customice unhas zapatillas de deporte... eu as vin en vivo e en directo e merece a pena mercar unha pra ocasións especiais (ou non tan especiais).

Sole e o seu blog de cousas variadas e curiosas, pouco máis podo decir que xa non diga no título que lle puxen. Ten un apartado bastante curioso esta Sole (compañeira do chollo) no seu blog: Xenealoxía, con documentos que foi buscando por ahí.


Xordera musical é o título do blog de Roberto (ouuuutro compañeiro de chollo) que lle adica unhas cantas liñas (e cantas) á musica galega. Polo que me ten contado anda a preparar un libro sobre o blues en Galiza.

Agora lle toca a quenda aos sites:

Kubbe, un LMS feito en Fynet (Netex), feito en Galiza (tamén do chollo). Este é un proxecto concebido e criado pola sección que nós chamamos Solutions e ten como pai de código a Jose e como nai a Emilio. Irei contando novas deste proxecto cando vexa definitivamente a luz.

Lopez Lab xa leva tempo conmigo neste blog e nesa sección, pero como en breve vai ter un lifting pois aprobeito e o vou metendo por eiquí. Ainda non está dispoñible, agardade a que Manuel Torrebruno (excompañeiro de chollo) remate o que ten que facer: programar.

Marta Cuba, a muller que me ten rizado (tamén do chollo), ten colgado na rede o seu portofolio... que parece infinito. Parece que ela só fai todo o deseño de Galiza. Se a navegades, facédeo con tempo e con boa música, por suposto. Non defraudará.

Netex a deixo de última, pero é que teño a lista por orde alfabético, se mal non me lembro. Realmente esta é a nova páxina do meu chollo. Como non, de onde ía ser. Fynet é unha marca que depende de Netex. Paso de explicalo, o millor e visitar a páxina que suponse que está moi clariño.

Ollo, teño que decir que no chollo, aparte de facer blogs tamén choiamos algo.

Pois nada, así están as cousas á 1.20 da mañá no puto chollo, que me pica todo o corpo por culpa dunhas larvas suicidas e así vou enchendo eu o blog: con cortinas de fume.

Etiquetas: