ajaspino

19.9.06

Aprender a ensinar II - Do blog de Fuji.

Acabo de pasarme polo blog do meu malquerido Fuji e ten un post verdadeiramente probeitoso. Tiña pensado incluir unhas contestacións as preguntas que fai, pero pensei: estaría ben que este tipo de entradas chegase a canta máis xente millor. De tódolos xeitos eiquí deixo o enlace a susodita entrada de Fuji.

Primeiro decir que non son educador en nómina, aunque no meu traballo polo bo rollo sempre andamos a educarnos uns aos outros. Cousa moi saudable. Segundo que no que traballo agora, no e-learning, algo sempre metemos da nosa cociña.

Aló van as preguntas coas miñas contestacións a bote pronto. Creo que non van ser respostas moi elavoradas pola presa que levo, teño que preparar uns pementos asados con lacón... e a fame pode máis que a cachola.

1 ¿Revisache o teu método? ...
Non. Non teño método. Ademáis polo chollo/compañeiros que teño contínuamente estase a actualizar.

2 ¿Seguro de dar as túas clases correctamente? ...
Cando as dou intento parecer seguro. Sexan opinións ou certas decisións de lavar algo a cabo, pero por dentro non o teño tan claro. Sempre teño dúbidas.

3 ¿Non faría falla unha capacitación extra? ...
Sempre fai falla algo extra se un quere que o resultado sexa millor.

4 ¿Qué tipo de libros lees? ...
Non leo libros dende fai a ostia... o último cre que foi un 'Caderno Rubio'.

Leo xornais (El país e La Voz de Galicia na súa versión on-line) e moito blog sobre o tema no que estea a traballar.

5 ¿Cando liche o teu último libro? (completo) ...
Sinceiramente... hmmm... deixame pensar. O número 13 da revista GRRR. Un pequeno libro sobre tendencias en tipografía, ilustración, maquetación... en fins, deseño gráfico en xeral.

6 Di dez colegas que sintas que son mellores ca ti ...
Colegas de chollo, pois sinto que a meirande parte. Colegas de atris, pois tódolos que ainda seguen a tocar.

7 Di cinco colegas que estén baixo o teu nivel académico...
No chollo non hai unha xerarquía académica, do cal alégrome, se non eu sería o eslabón perdido.

8 ¿Qué opinión tes sobor da sociedade e a clase de música? ...
Sinceiramente está mal. Antes estaba pior, pero ainda está mal. Fai uns anos ter o superior cara a sociedade en xeral era como ter unha Black&Deker no garaxe e de cando en cando colgar un cadro. Hoxe e antes, o superior equivale a calquera carreira. Hoxe vaise asimilando e vaise vendo como uns estudos. Ainda queda traballo para que a sociedade o vexa como unha licenciatura.

9 ¿Serás ti mesmo o que desmerece o teu propio traballo? ...
Si. Cando crea que son algo bo, que sexan os demáis os que me xulguen.

10 Explica a túa mellor cualidade coma docente ...
Supoño que dialogar. E que tendo a poñerme na pel do educando ademáis de intentar poñer infinidade de exemplos (absurdos e confusos, pero moitos).

11 Explica a túa mellor cualidade coma persoa...
Pois non o sei. Gostaríame que fose o sentido do humor. Ou a fidelidade.

12 Explica o teu maior defecto coma docente ...
Que pulo mogollón... e estou sempre nos bares.

13 Explica o teu maior defecto coma persoa ...
Supoño que son un pesao e que eu non falo... eu vomito palabras.

14 ¿Crees que educarías mellor se o teu soldo fose tres veces superior o actual? ...
Por suposto. Que ninguén o dubide. Que ninguén diga o contrario. Se non que mo diga e lle poño mil exemplo. Léase ponto 10.
Un simple exemplo: Se gañase tres veces mái do que gaño agora, nun fin de semana podería achegarme até BCN e visitar un estudo e percibir unha Master-Class de Peret (por exemplo).

15 ¿Dalo mellor de ti nas túas clases? ...
Non, o millor mo gardo pra min. Pra solprenderme.

16 ¿Qué cousas negativas ven en ti teus alunos? ...
Non teño alunos.

17 ¿Qué cousas positivas ven en ti teus alunos? ...
Sego sen ter alunos dende a anterior pregunta.

18 ¿Para qué crees que sirve a educación musical na escola? ...
É cultura. É educación. Ten a sua función na sociedade. Diferente a unha escola de idiomas e similar a un conservatorio.

19 ¿Podes facer un curriculo mellor que o o que usas agora? ...
Si, por suposto. O rollo é o de sempre: Hai que facelo. Pero... ¿para que? non estou buscando chollo.

20 ¿Eres docente por seres instrumentista frustrado? ...
¿Que se son un instrumentista frustrado e doente? Pois si. Si que son un doente instrumentista frustrado... ¿Quen carallo fillo estas preguntas? ¿Que pasa, querédesme quentar?

E rematou, nada máis. Ahí quedan as pregungas. Ahí quedan as miñas respostas.

Así están as cousas no blog de Fuji namentres escoito un rollo raro de Pompa e Circustancia (joer... parece Luis cCbos, vaia popurrí) e así as vou contando eu. Joer que fame.


Etiquetas:

7.9.06

Moondogs Blues Party - O cadelo lunático


"[...]Detrás de la música de Moondogs Blues Party no hay ensayos, ni grabaciones infinitas, todo suena como la primera vez que es tocado. Puede que no contenga una gran pureza técnica o suene con una moderna sofisticación musical. No la busca. Es algo fresco y efímero, sentido y perdido, que no podría repetirse, es casi como una religión en la que Thelonius Monk es el pastor.[...]"

Javier Prado Espiñeira

Nestes días ando a chollar nun proxecto que ten que ver moito coas webs comunitarias ou participativas, algo que ultimamente lle andan a chamar web 2.0. Pois namentres me curraba parte desta proposta estaba a escoitar "O cadelo lunático", que ten parte desta filosofía comunitaria pois está baixo licencia de "Creative Commons". Isto ben ser algo así como "Zona común de creativos".

Javier Prado séntase polas tardes case diante miña. Arrenchúfase os cascos e ponse a argallar con uns e ceros. De cando en cando falamos de música. De cando en cando pasámonos algún que outro temilla que sospeitamos que nos vai gostar. De cando en cando fala dalgún proxecto musical que ten en marcha e eu de que me gostaría ter algún proxecto en mente. De cando en cando falamos de compartir o aluger dun local de ensarios, el pra o seu grupo e eu pra o que me gostaría formar. De cando en cando traballamos algo.

Entre un deses cando e cando comentoume que estaba a investigar el soiño unhas melodías, unhas notas por eiquí uns bemois por alá. El só coa sua guitarra e o seus aparatiños que imitan a bataristas moito millores ca min. Na Contrabanda a eses aparatiños lle chamábamos o "Japonés".

Pasaron uns cando e cando. Escoitamos da man de Coe un disco de Tom Waits. Cris non me deixa escoitar este disco no coche. Un cando e cando. E nun deses, dime que ten tres temillas no forno, que se me apetece escoitalos... por suposto, trae pra acó. Caralludo é quedarse curto. Sospeito que lle gustou moito Tom Waits pola aspereza do "Moondogs Blues Party".

Pasa o tempo e Rober, outro compi do chollo coméntame que lle encantan os tres temas... e non só iso, tamén vaille a facer a portada e libriño do disco. Ninguén millor ca el. A cousa marcha. Caralludo.


Hoxe saco do güinanp a Tom Waits, a Delmark Blues e aos Joe Jackson's Jumpin' Jive. Estou escoitando a Javier Prado. O cadelo lunático xira e xira no aparatiño que teño debaixo da mesa. E así estará até que mo leve ao coche de Cris. ¿Quitarame este disco?

Grrrr guau guau. Así están as cousas no escuro mundo do Blues e así as conto eu. Grrrr guau guau.

Etiquetas: , ,