ajaspino

19.7.06

Día da Patria - Auditorio Municipal Hernán Naval


O 25 de xullo celébrase o Día da Patria, o Día de Galiza, e en Ribadeo aprobouse en pleno (cos votos en contra dos meus benqueridos peperos) que nese Día tamén sería boa cousa celebrar por unha banda o bautizo do Auditorio Municipal e por outra o esforzo e adicación de Hernán Míster Naval en pro deste pobo e deste pais. Así que o martes 25 de xullo do 2006, Día da Patria Galega, no auditorio descubrirase unha praca co seu novo nome: Auditorio Municipal Hernán Naval Parapar.

Xa teño escrito eiquí e noutros sitios do que penso realmente deste bautizo, pero de tódolos xeitos alégrome moito de que por fin o pobo de Ribadeo agradeza o esforzo deste amigo.

A imaxe que acompaña esta entrada é a do cartel anunciador do descubrimento da praca (ás 8.30 da noite co hino incluido) e do concerto que dará a Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo (ás 9.00 da noite).

Sobre o cartel decir que non é que non estea moi contento con el, pero sinto que se me avisara tan tarde (ontes máis ou menos sobre esta hora). Grazas aos backups que conseguín facer do meu antigo equipo recuperei este traballo que no seu día fora 'censurado' e ainda non sei moi ben o porque. E tamén unha pena a tardía do aviso; o cartel xa debería ter empapelado Ribadeo de arriba a abaixo.

Hoxe lles chegou a imprenta (día 19). A direitiva de Amadores ainda non deu o visto bo pero penso que mañá pasarán pola imprenta e o darán (día 20). David, un rapaz que traballa aló na imprenta, tardará algo en colocar os logos que faltan e o mandará seguramente tarde a impresión. Ou sexa estarán impresos como moi cedo moi cedo o venres (día 21). Se alguén lle da por pegalos o venres á noite como facía eu, cousa que non creo, estará visibel só 3 días. Se non, haberá que esperar ao sábado, dous días. Ou igoal o pegan o luns, 1 día. Entón a cousa queda de que o 'grito na parede' estará entre 3 días ou 1 día pra que a xente que ainda non se enterou se entere do 'bautizo' do Auditorio Municipal Hernán Naval Parapar. Como dicía a letra de 'Galicia Canibal': Moi mal organizado.

Así están as cousas no meu pobo e así as conto eu baixo esta ola de calor.

Por certo... a escola, seguirémola chamando Escola Municipal de Música e Danza Hernán Naval.

Etiquetas: , , , ,